Un libro para as mulleres da Illa … por María Santalla
Houbo un tempo, e non hai tanto, no que na Illa estaban afeitos a escoitar os bruídos das fábricas. Entón, as mulleres apuraban os seus quefaceres na casa e marchaban correndo en resposta a esa chamada ao traballo. Un tempo no que nunha Illa aínda sen ponte había nada menos que nove fábricas de conserva. […]