DORNIÑA
D-aliñas negras
e peitoraliño branco
-o mesmo q-unha anduriña-
lixeira e segura on. tempo,
eres a noiva da ría.
DORNIÑA
ananiño mariñeiro,
q-as ondas do mar bravio
cortas ca fina quilla,
levantando polvoreiras
d-espumas que ch-acarician…
DORNIÑA
forte e valente,
que desafías os ventos
hinchadaa. vela puxante,
sin importarche a maraxe,
sempre terca, sempre avante.
DORNIÑA
d-alitiva proa
que olfatexas a brisa,
e levas rumbo do mar
onde o bravo mariñeiro
deslómbase a rastexar.
DORNIÑA
vestixio d-antigas datas,
fortuna, e pobreza ó tempo
do escravo mariñeiro, que cal unha frol adornas
o xardin de Cabodeiro.
DORNIÑA
d-anchas cadeiras
com-unha moza garrida,
q-os pulpos loucos d-amor
bicanse con mil ventosas
arroubados de paixón
DORNIÑA
media ducia de taboiñas,
que cando o xeniudo Eolo
enlouquece o forte vento,
tamén eres, do teu dono,
un tráxico cadaleito.
DORNIÑA
emblema arousá.
!!lévote no corazón!!
Juan Otero Dios » Nitucho» Huelva 1979
Si deseas facilitarnos más información de Juan Otero Dios » Nitucho» puedes ponerte en contacto con nosotros en el siguiente enlace, muchas gracias
Bonito poema del tio Junito, es un placer reencontranos en su legado, gracias por preservarlo!