Noticia publicada en Telesalnés: O Presidente Provincial, acompañado do alcalde José Manuel Vázquez, resaltou a importancia de construír a rotonda, para facilitar o acceso ó instituto e regular o denso tráfico da Avenida da Ponte.
Con esta nova rotonda Deputación e concello buscan mellorar a seguridade deste tramo. A proximidade do centro de educación secundaria dos Castriños á zona fixo máis necesaria esta obra, que axudará a regular o tráfico da rúa da Ponte e a reducir a velocidade dos vehículos.
Sobre a rotonda, que se atopa na entrada da Illa, sitúase unha escultura de Lucas Míguez, artista do Salnés. Baixo o título de “as mans do Mar da Arousa”, a figura de bronce representa un mariñeiro e unha mariscadora, símbolos dos oficios máis típicos dos habitantes da zona.
Rafael Louzán tamén se comprometeu a apoiar a construción dun aparcadoiro soterrado na zona do porto, unha obra que precisa da aprobación de Portos de Galicia.
No porto a Deputación tamén financiará a construción dunha carpa semipermanente e acorde con entorno, demandada por diferentes colectivos da Illa para a celebración das festas gastronómicas.
Hola a tod@s:
Polo que podo ver nas imaxenes, quedou perfecta a rotonda nas Laxes, creo que unha obra necesaria. De sempre recordo algun que outro accidente nesta zona. Dame moita alegria ver como a Illa prospera en infraestructuras, en calidade, en xeral, nunha dinamizacion do entorno que a fai moito mais atractiva e acolledora. Teño moitisimas ganas de ir a visitaros!!! Unha aperta para todos dende Murcia.
Hola Ramón te estaremos esperando.
Un abrazo.
Alejandro