2 junio, 2010

IGAFA … Instituto Galego de Formación en Acuicultura en A Illa de Arousa

Niño do Corvo, s/n. Teléfono 986527101 –36626 – A ILLA DE AROUSA (Pontevedra)

Instituto Galego de Formación en Acuicultura en A Illa de Arousa (IGAFA) é actualmente o único Centro da Comunidade Autónoma de Galicia, en A Illa de Arousa, que imparte formación profesional de acuicultura e mergullo. É un centro educativo dependente da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro (Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos-Xunta de Galicia) e cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE).

Foi inaugurado no ano 1992 e nel celebráronse inicialmente cursos de formación ocupacional en acuicultura ata o ano 1994, no que comezaron a impartirse os Ciclos Formativos de Formación Profesional Específica ‘Técnico en Operacións de Cultivo Acuícola» (Grao Medio) e «Técnico Superior en Produción Acuícola» (Grao Superior).

No ano 1999 incorporáronse as ensinanzas non regradas de mergullo profesional. No ano 2000 comezou a impartirse o ciclo de grao medio de acuicultura en réxime de adultos (ou Modular) e o Programa de Garantía Social «Operario Acuicultor». No ano 2001 implantouse o ciclo medio «Técnico en Mergullo a Media Profundidade». No curso 2003-2004, impartiuse o «Master en Innovación, Tecnoloxía da Produción e Xestión Acuícola (MITGA)». + información

IGAFA … Instituto Galego de Formación en Acuicultura.

A Illa de Arousa News , , ,
About

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *