5 junio, 2010

Trofeo Fasquia … Trofeo Galicia de Dornas a Vela en A Illa de Arousa

Noticia publicada en La Voz de Galicia: A sexta edición do Trofeo Fasquía abre esta tarde en A Illa de Arousa a tempada do Trofeo Galicia de Dornas a Vela, unha competición coa que se busca reivindicar a figura e a conservación dunha das embarcacións mariñeiras con máis historia e tradición do país.

A proba illense terá no peirao do Xufre o seu punto de saída e de chegada. Ás 16.15 horas a frota en competición partirá para cubrir dúas veces o perímetro do triángulo formado polo propio peirao, o faro do Seixo e a boia de delimitación dos polígonos de bateas, facendo un total de oito millas de navegación.

A previsión da organización, que corre a cargo da Asociación Cultural, Deportiva e Promotora de Actividades Xuvenís Fasquía, pasaba onte por contar con máis de 40 embarcacións presentes na liña de saída, sobre a base das 42 dornas a vela que se viron en acción na edición do ano pasado… + información



A Illa de Arousa News , , , , ,
About

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *