17 enero, 2012

Trillo & Anastasia … Radio Obradoiro

O bailarín arousán Manuel Trillo visitou os estudios de Radio Obradoiro coa súa compañeira na pista de baile e no persoal, a siberiana Anastasia Zhitova

Se atopar parella nos tempos que corren no é nada fácil, que esa parella sexa tamén o compañeiro de baile ideal, menos. O bailarín arousán Manuel Trillo tivo sorte e atopou as dúas cousas na bailarina Anastasia Zhitova. Manuel Trillo explicou en Radio Obradoiro que durante este Nadal a parella está traballando moito especialmente na televisión pero de cara a 2012 teñen á vista importantes campionatos para os que están entrenando duramente.

A historia desta parella comezou a través da rede. «Eu quedara sen parella de baile unha vez máis, e iso é algo terrible porque é como se tes unha casa perfecta e ven un vendaval e a derruba». Segundo contou «atopei a foto de Anastasia en facebook, eu xa a coñecía de vista, por cruzarnos en concursos de baile. Contactei con ela e díxome que deixara de bailar». Trillo explicou que «comezamos a falar co skype, houbo risas, feeling e vimos que podería haber química entre nós. Propúxenlle vir á Illa de Arousa, díxenlle que era un sitio como o Caribe, e podería selo tendo en conta que alí viven a -45 grados. Vendinlle un pouco a moto e funcionou».  Segundo explicou en RO cando Anastasia por fin chegou a Galicia, «fomos a bailar salsa xuntos e decateime de que había química e podería ser a miña parella de baile».

Anastasia, malia que leva tan só 11 meses vivindo en Galicia, está xa adaptada a esta terra da que adora a gastronomía e a xente «cálida e aberta». O que non lle convence demasiado é o clima. «Hai moita humidade e noto máis o frío».

Fuente: Radio Obradoiro

A Illa de Arousa .Com® … patrocinador oficial de Manuel Trillo y Anastasia Zhitova

Manuel Trillo y Anastasia Zhitova … un cruce de miradas para llegar a lo más alto.

A Illa de Arousa News, El rincón de ..., Manuel Trillo y Anastasia Zhitova , ,
About

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *