5 diciembre, 2015

Recogida solidaria de alimentos en favor de las familias más necesitadas de Arousa … Dorna F.G.

A Illa de Arousa .Com ® ha recibido en el día de hoy una nota de prensa de Dorna F.G. y estamos encantados de colaborar con nuestro granito de arena para poder brindarles mayor difusión a una excelente iniciativa. Enhorabuena!

Dorna F.G.

Nadal para todos na Arousa –  Illa de Arousa, x de decembro de 2015

O Dorna FG, o equipo de fútbol gaélico da Illa de Arousa (Pontevedra), enorgullecese de anunciar unha recollida solidaria de alimentos en favor das familias máis necesitadas da Arousa, e que terá lugar o vindeiro 12 de decembro, con motivo da disputa da derradeira xornada de liga do ano.
Como parte da súa intención de converter nun clube orientado cara a sociedade e de vocación integradora, e con ocasión da chegada do Nadal, o Dorna FG decideu volcarse coas familias máis necesitadas da Arousa. O Nadal é unha das épocas do ano máis difíciles para as familias en situación desfavorecida, especialmente para os nenos e nenas, e o Dorna FG non é alleo a esa situación, e quere que haxa Nadal para todos na Arousa. Por iso, o equipo movilizarase para a organización dunha recollida de alimentos solidaria o vindeiro 12 de decembro, coincidindo co derradeiro partido de liga do ano, que medirá ao Dorna FG cos Keltoi de Vigo (as 18 horas, no Campo da Bouza). Os alimentos irán destinados á asociación Voluntarias da Caridade de San Vicente de Paul da Illa de Arousa, e aínda que se valorizará calquer tipo de alimento, dende o Dorna FG desexan lembrar que é Nadal, e que na medida do posible, se inclúan produtos típicos da época no doazón.
O Dorna FG é o actual líder da Segunda División da Liga Galega de Fútbol Gaélico, e quere que o importantísimo partido contra os gaélicos de Vigo se convirta nun acto de celebración compartido cos siareiros, e que ademáis, a recollida de alimentos sexa un éxito e faga a situación de moitas familias un chisco máis levadeira. Ademáis, no tempo de descanso do devandito encontro, membros do equipo farán un sorteo de dúas camisolas, completamente de balde para todos os presentes. Porén, dende a Directiva do Dorna FG, anímase aos siareiros a acudir a desfrutar do fútbol gaélico nunha atmosfera de festa, e a colaborar cos alimentos que poidan.
Que a ningún neno lle falte o seu turrón!

Dorna Fútbol Gaélico
Tlf. 662225621 / E-mail: [email protected]

A Illa de Arousa News
About

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *