30 junio, 2011

Manuel Vázquez única dedicación exclusiva en esta legislatura

… este Concello só contará cunha dedicación exclusiva, a do alcalde socialista Manuel Vázquez. Vázquez manterá o mesmo soldo que na anterior lexislatura ó igual que outras atribucións como a de asistencia a pleno, que quedou fixado para o primeiro xoves de cada mes impar ás oito da tarde. Asemade cada grupo político, tanto PP, como PSOE e BNG seguirán cobrando os mesmos 1.000 euros anuais e outros 25 mensuais por cada edil que teñan na corporación. E dentro desta corporación cabe salientar as tres tenencias de alcaldía, que recaeron a primeira en Carlos Iglesias Cores, a segunda en Fátima Rivas González e a terceira en Mª Dolores Folgar Vila.

Repartiuse tamén a carteira de cada edil socialista. Na vindeira lexislatura a tesoureira volverá a ser María do Carme Porta; e na Mancomunidade figurarán o alcalde socialista Manuel Vázquez e o líder do PP, Juán José González Vázquez, segundo os resultados obtidos nas urnas e o edil nacionalista Carlos Otero, grazas á que os socialistas lle cederon a súa praza ó ser o rexedor membro nato xa da organización.

Asemade, acordouse crear unha xunta de voceiros para tratar antes dos plenos os asuntos máis relevantes da vida municipal con representación dos tres partidos que integran o pleno; así como unha comisión informativa permanente sobre os temas máis relevantes cunha participación equitativa dos grupos da corporación.

Fuente: Canal Rías Baixas

A Illa de Arousa News , , , , , , ,
About

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *