18 agosto, 2010

El edificio de la cofradía de pescadores de A Illa de Arousa necesita mejoras.

Noticia publicada en Telesalnés: As obras de rehabilitación sacaron á luz a necesidade de acometer outras melloras. Os responsables xa están a valorar o seu alcance.

Cando remate a remodelación, o edificio da Confraría de pescadores da Illa ofrecerá un novo aspecto tanto na fachada e cuberta coma nos servizos internos. Pero sobre todo será unha infraestruturas accesible para persoas con discapacidade, pois o proxecto de rehabilitación contempla a instalación dun ascensor. As obras avanzan a bo ritmo, segundo o presidente da Deputación de Pontevedra, pero tamén se foron detectando algunhas melloras non contempladas no proxecto inicial e que se intentarán cubrir agora.

Os traballos de rehabilitación estanse desenvolvendo tanto no baixo coma nos dous andares do edificio. Inclúe a instalación de oficinas para a atención ó público, salas de conferencias, despacho, e cuartos para servizo dos usuarios.

A Deputación provincial colabora no financiamento dos preto de 300 mil euros ós que ascende a reforma. + información

A Illa de Arousa News , , , , ,
About

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *