«Dorna» por José Manuel Muñiz Paz
Dorna, que po lo mar me levas
a foraborda, a remos ou velas
sin ti, a vida como a ganaría
pois unha gamela non chegaría
Como escora na playa, e no mar aboya
e pa admirar, como a Maja Desnuda de Goya
Dorna miña, miña Dorniña
en color, ou blanco e negro pintadiña
Co mar en seco eres pesada
pero ves alegre chea de mariscada
no mar lixeira como as mariposas
con aires Vikingos rompes as olas
Non hay no mundo igual barca
que as que fan na miña comarca
nunca viron tan fermosa cousa
os da fora da Ría de Arousa
Na nosa vida, Dorna eres Dama
haasta nas tuas entrañas fasemos cama
vento en popa, ou mar en calma
os remos no mar, musica pa alma
Dorna eres Reina da Ría
fas traballo noble, sea noite ou día
Dorna, eres leal e artesana
como a miña xente Arousana
Quixera poder volver un día
e comprarme unha dorniña
pasarme o dia enteiro, Dorna
navegando contigo pola nosa Ría.
Poema original
José Manuel Muñiz Paz – January 15, 2011