20 abril, 2011

Carlos Otero liderará la lista del BNG en A Illa de Arousa

O BNG de A Illa de Arousa presentou onte a candidatura que concorrerá ás eleccións municipais do 22 de maio. O equipo, liderado polo voceiro e actual concelleiro do Bloque, Carlos Otero, márcase como obxectivo «rematar coas maiorías absolutas que, como quedou demostrado durante estes últimos catro anos, non serviron para nada».

O equipo nacionalista sitúa no segundo lugar a Rosa Núñez Cores e, a continuación, a Adelino Santamaría, Tomás Cores, Sofía Rial, Julián Dios, Antonio Millán, Virginia Otero, Xoán Carlos Piñeiro, Fátima Prieto, Pilar Suárez e Xulio Villanueva.

Trátase, explica o candidato, dun grupo no que a experiencia mestúrase coa incorporación de xente nova, que dá os seus primeiros pasos en política. Entre eles figuran mariñeiros, bateeiros, empregados da conserva e o sector do metal, auxiliares de enfermería, administrativos e dous profesores para «darlle a A Illa todo o que necesita e merece e plantarlles cara ao PSOE e o PP».

Fuente: La Voz de Galicia

+ Noticias de A Illa de Arousa

A Illa de Arousa News , , , , ,
About

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *