25 mayo, 2011

Carcamáns …por José Manuel Muñiz Paz

«Carcamáns» …por José Manuel Muñiz Paz  

Ser Carcamán, no pode ser quen queira

Ou a Virxen de Guadalupe xa non sería Rianxeira

Viría na sua barquiña camiño a San Xulián

Cambiaríaa por unha Dorna, e sería Carcamán

Si Carcamán o pudera ser quen queira

Xa o sería Santa Euxenia de Ribeira

Que perdone aquí meu Pai

Deixou en Artes Pais e Irmáns

Pa vir casarse a Arousa

E xuntarse o clán dos Carcamáns

 

Ay! quen lle dera os bos Coruñeses

Que á Torre de Hercules lle teñen tanto afán

Faríanse na Parroquia de San Xulián fregreses

Ca promesa de rebautizarse Carcamáns

Os de Lugo teñen a sua gran Muralla de pedra

Pero si puderan, tamen a abandonarán

Pa irse a unha Illa

Que existe en Pontevedra

E así poderen chamarse Carcamáns

Nin mar teñen os de Ourense

Pa poder ser Carcamáns

Quixeran virse vivir a Arousa

Pa poder ter fillos Arousáns

Os nosos mismos Pontevedreses

Co seu sabroso viño

O que nos bebemos a gusto

Ca nosa ameixa San

Hasta queimarían unha noite

Todas as viñas de Albariño

Si os deixáramos o siguiente dia

Despertaren Carcamáns

Todos os outros españoles

Deixarían de falar Castelán

Aprenderían o noso Galego

Gran idioma de Breogán

Acolleríamolos a todos na Illa

Si pudéramos, como si foran Irmáns

Pero sinto, non todos os que queiran

Poden como nos, ser Carcamáns.

É a nosa Santisima Virxen do Carmen

Que acompaña sempre os seus fieles fillos Arousáns

Dos mariñeiros Protexedora e Milagrosa Nai

Gloriosa Virxen do Carmen, a Virxen dos Carcamáns

José Manuel Muñiz Paz. Abril 6, 2011

A Illa de Arousa News, El rincón de ..., José Manuel Muñiz Paz , , , ,
About

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *