Non son moitos os que se adican á captura da navalla, na confraría da Illa tan só ó redor de 15 homes traballan nesta especie. A técnica que se emprega é a apnea polo que aguantan ó redor dun minuto baixo a auga sen asistencia de ningún tipo. O tope de captura que teñen é de 12 quilos por home e nestas dúas primeiras xornadas estanos a coller sen problemas. Ademáis trátase dunha navalla de gran calidade.
Das 106 embarcacións que se adican a esta arte, nove forman parte da Cofradía de A Illa de Arousa. Eles mesmos regulan prezos e volumen das capturas.
En canto ós prezos están moito máis baixos que en tempadas anteriores. Dende esta agrupación de navalleiros respétase un prezo mínimo para a venda pero por mor da crise tiveron que baixalo, os 10 euros o quilo que cobraban antes redúcense agora a 8 euros.
Ó ser un setor tan reducido, na Confraría de A Illa de Arousa son eles mesmos os que se autorregulan. Dende a confraría móstranse moi satisfeitos coa forma de traballar da asociación. Polo de agora a captura da navalla permanecerá aberta durante todo o verán. Fuente: Canal Rías Baixas