15 septiembre, 2010

A ponte de A Illa de Arousa cumpre 25 anos … Canal Rías Baixas

A historia desta querida ponte comezou o 2 de outubro de 1982, cando o ministro de Fomento do momento, Luis Ortiz, colocaba a que sería a primeira pedra. A construción contaba cun orzamento descomunal: 1.500 millóns de pesetas. Pero este acto simbólico, tiña un importante traballo tras el que se remontaba a varias décadas. Case tres anos de traballo despois, un 14 de setembro de 1985, os veciños da Illa aproveitábanse da ponte de 38 piares para cruzar a pe a ría de Arousa, deixando ás súas beiras as motoras.

A ponte da Illa tamén foi unha innovación da enxeñería, converténdose no primeiro tableiro continuo de tanta lonxitude que, ademais, non empregaba xuntas de dilatación. Para os veciños, só foi liberdade. Pero os cambios propios do mundo urbano, tamén se serviron da ponte para atravesar a ría. A ponte está agora en obras: o ancheado e a construción dun carril bici son os obxectivos que pretenden modernizar unha infraestrutura que, no seu momento, foi motivo de festa.

Fuente:  Canal Rías Baixas

+ Noticias de A Illa de Arousa

A Illa de Arousa News , , , , ,
About

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *