Os preto de 190 alumnos do IES de A Illa de Arousa non asisten as clases desde o pasado venres. Esta decisión tomarana os seus pais tras coñecer que a Consellería de Educación recortara o cadro de persoal deste instituto de A Illa de Arousa nun dez por cento. Deste xeito, prescindíase do profesor de matemáticas, do de tecnoloxía e do pedagogo. Isto implicaba, que as aulas se viran masificadas.
Nesa reunión que mantiveron os pais o primeiro día lectivo xunto ó profesorado do centro decidiron solicitar unha reunión urxente co xefe territorial de Educación en Pontevedra. O que pedían era que o centro volvese ás mesmas condicións que no pasado curso.
Unha petición que obtivo resposta este mediodía. O xefe territorial de educación asegura que o número de profesores está dentro da cota legal pero anunciou o nomeamento dun novo profesor de Tecnoloxía que tamén impartirá Matemáticas. Os pais confesan que están satisfeitos con esta decisión pero que seguirán loitando para volver a ter o mesmo número de profesores. Polo momento, os seus fillos volven mañá ás clases e parte do profesorado e dos pais reunirase cun inspector de educación para solicitarlles unha praza de Pedagoxía Terapéutica coa que xa non contan.
Fuente: Canal Rías Baíxas