14 junio, 2011

Apertura de campaña de la Navaja en A Illa de Arousa

Non son moitos os que se adican á captura da navalla, na confraría da Illa tan só ó redor de 15 homes traballan nesta especie. A técnica que se emprega é a apnea polo que aguantan ó redor dun minuto baixo a auga sen asistencia de ningún tipo. O tope de captura que teñen é de 12 quilos por home e nestas dúas primeiras xornadas estanos a coller sen problemas. Ademáis trátase dunha navalla de gran calidade.

Das 106 embarcacións que se adican a esta arte, nove forman parte da Cofradía de A Illa de Arousa. Eles mesmos regulan prezos e volumen das capturas.

En canto ós prezos están moito máis baixos que en tempadas anteriores. Dende esta agrupación de navalleiros respétase un prezo mínimo para a venda pero por mor da crise tiveron que baixalo, os 10 euros o quilo que cobraban antes redúcense agora a 8 euros.

Ó ser un setor tan reducido, na Confraría de A Illa de Arousa son eles mesmos os que se autorregulan. Dende a confraría móstranse moi satisfeitos coa forma de traballar da asociación. Polo de agora a captura da navalla permanecerá aberta durante todo o verán.  Fuente: Canal Rías Baixas

+ Noticias de A Illa de Arousa

A Illa de Arousa News , , , ,

Escribe un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de Cookies - Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
X