8 abril, 2011

Illa dos Carcamáns …por José Manuel Muñiz Paz

Illa dos Carcamáns … por José Manuel Muñiz Paz

 

Ser Carcamán, no pode ser quen queira

Ou a Virxen de Guadalupe xa non sería Rianxeira

Viría na sua barquiña camiño a San Xulián

Cambiaríaa por unha Dorna, e sería Carcamán

Si Carcamán o pudera ser quen queira

Xa o sería Santa Eugenia de Ribeira

Que perdone aquí meu Pai, en Artes deixou Pais e Irmáns

Pa vir casarse a Arousa, e xuntarse o clán dos Carcamáns

 

Ay! quen lle dera os pobres Coruñeses

Que a Torre de Hercules lle teñen tanto afán

Faríanse na Parroquia de San Xulián feligreses

Ca promesa de rebautizarse Carcamáns

Os de Lugo teñen a sua gran Muralla de pedra

Pero si os deixaran, tamen a venderán

Pa irse a unha Illa que existe en Pontevedra

E así poderen chamarse Carcamáns

Nin mar teñen os de Ourense

Pa poder chamarse Carcamáns

Quixeran virse vivir a Arousa

Pa poder ter fillos Arousáns

Os nosos mismos Pontevedreses, co seu sabroso viño

O que nos bebemos a gusto ca nosa ameixa San

Hasta queimarían unha noite todas as viñas de Albariño

Si os deixaramos o siguiente dia despertaren Carcamáns

Todos os outros españoles, deixaíran de falar Castelán

Aprenderían o noso Galego, gran idioma de Breogán

Acolleríamolos a todos na Illa, si pudéramos, como si foran Irmáns

Pero sinto, non todos os que queiran, poden como nos, ser Carcamáns.

A Illa de Arousa News, El rincón de ..., José Manuel Muñiz Paz , , , , ,

Escribe un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de Cookies - Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
X