3 enero, 2012

Adiós … por José Manuel Muñiz Paz

Adiós … por José Manuel Muñiz Paz

Non che dixen adios

sabendo que me iba lonxe

como a sombra

funme de noite

non che dixen adios

nin o oído susurrado

pa non despertarche

funme calado

Non che dixen adios

porque decir adios doía

non cho dixen

pa que non chegara o día

non che dixen adios

pensando que volvería

íbame, como en un soño

que nin eu mismo creía

Non che dixen adios

porque as palabras,

por non chorar,

sobraban pa falar

non che dixen adios

tampouco cho direi ahora

pois ainda estando lexos

miña alma contigo mora

Non che dixen adios

pero non me descartes

vaya donde vou, perto ou lonxe

vas conmigo a todas partes

non che dixen adios

non penses que non che quero

día e noite de ti me lembro

Non che dixen adios

despertando, que pensarías?

como a min

quedaríache a alma vacía?

non che dixen adios

pa que de menos non me votaras

e fun eu quen quedou sin alas

Non che dixen adios

de min nin te acordarás

cando me fun

era solo un rapás

non che dixen adios

ahora paresoche forasteiro

asi me vista eu de mariñeiro

Non che dixen adios

funme ca luz da luna

ainda como ti

non encontrín ningunha

non che dixen adios

tampouco che deixín de querer

nin o deixarei

aunque non poida volver

Non che dixen adios

adios doe, como dun cuchillo o filo

non cho dixen

pa poder irme tranquilo

non che dixen adios

levino conmigo dentro

e pesa mais que o firmamento

Non che dixen adios

non penses que foi mal feito

a verdad non me quedaba

nin aire no meu peito

non che dixen adios

pa que parara o tempo

parar paroume

a vida nese momento

Non che dixen adios

e xa pasou tanto tempo

quen o dixera

naquel momento

non che dixen adios

xa non esperas o meu regreso

espero sepas igual canto che quero

Non che dixen adios

non sei si foi pecado

perdonarás hoxe

este pobre confesado

Non che dixen adios

miña Arousa mimada

nin nunca cho direi

miña terra amada

Non che dixen adios

nin de volver che fixen promesa

estas en min, sin ti non son

e quen son, che enorgullesa

non che dixen adios

nin cho direi ahora

quixera poder decirche hola

como si nunca me fora.

José Manuel Muñiz Paz  – Dic. 30, 2011

A Illa de Arousa & You, A Illa de Arousa News, El rincón de ..., José Manuel Muñiz Paz , , , ,
About

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *